top of page

IES

RAMÓN CAAMAÑO
O noso instituto, atópase en Muxía.
Muxía é unha vila mariñeira, localizada na Costa da Morte, moi coñecida polo Santuario da Virxe da Barca.
Aquí podedes ver unha pequena mostra do temporal que sufriu a nosa vila.

MUXÍA
Un dos feitos máis salientables provocado polos axentes meteorolóxicos produciuse o pasado Nadal.
O día 25 de decembro do 2013 os muxiáns espertamos coa noticia de que o Santuario da Virxe da Barca sufrira un incendio causado por un raio e calcináronse tanto a cuberta maior como a maioría das imaxes que se gardaban dentro da igrexa.
Días despois, o 7 de xaneiro de 2014, o temporal volve a causar danos en Muxía, e de novo no Santuario da Virxe da Barca; onde a oleaxe destruíu o petril que separaba a igrexa das pedras e rompeu, outra vez, a Pedra de Abalar.
Tamén se viron afectados ese día os pantaláns do Clube Náutico e un dos barcos muxiáns, o ´Hermanos Sambad`, ao cal se lle soltou o cabo que o amarraba a terra pero lograron que non se afundise nin que fose levado polo mar.
Este impresionante temporal vivido en Muxía tamén afectou ó noso colexio con fortes chuvias e ventos, como podedes ver no seguinte vídeo con imaxes do patio do noso centro.
![]() |
---|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
As principais actividades económicas que se dan na vila son a pesca e o turismo, xa que Muxía está considerada, para algúns, como o fin do camiño de Santiago e tamén atrae moitos turistas polas fermosas praias que alberga e o marisco.
Na nosa vila, a auga, ao igual que o vento, xoga un papel moi importante, xa que son axentes meteorolóxicos moi presentes no día a día de Muxía.






1/1
bottom of page