
IES

RAMÓN CAAMAÑO
Análise da auga.
O alumnado de 3º e 4º da ESO realizamos todos os días as medicións da auga recollida no pluviómetro da nosa estación meteorolóxica, coa finalidade de analizar parámetros físico-químicos para determinar a calidade da auga de chuvia.
Unha vez recollida a auga imos ao laboratorio e utilizamos a sonda para medir o pH, a condutividade eléctrica e a temperatura.
Os datos recollidos nesta medición son levados a unhas fichas nas que indicamos as cifras que determinan o pH, a condutividade eléctrica e a temperatura, que foron medidos anteriormente coa sonda, e noutra ficha as datas inicias e finais da mostraxe, a hora inical e final da mostraxe polo horario UTC, o volume recollido (en mm) e se hai algunha observación (ex. auga sucia) tamén se apunta.
Esta medición está supervisada, dependendo do día, polos profesores de Bioloxía, Marga e Óscar, e o profesor de Física e Química, Carlos.
Tras este proceso a auga recollida é introducida nun frigorífico que se encontra no laboratorio do instituto. Ésta é recollida mensualmente polo LMAG para ser analizada.







