top of page

IES RAMÓN CAAMAÑO.

O IES Ramón Caamaño é un instituto de Educación Secundaria Obligatoria, que se localiza en Muxía, na rúa Manuel Lastres. 

 

No noso instituto contamos con distintas instalacións nas que desenvolvemos algúns dos proxectos de HidroMuxía: 

  • Radio: a radio, chamada `Buserana´, é unha das instalacións utilizadas neste proxecto

  • Laboratorio: no laboratorio realizamos as medicións e distintos experimentos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  • Aula de informática: na aula de informática contamos con ordenadores nos que realizamos vídeos, imaxes, arquivos de son e moitas máis cousas relacionadas coa auga.

 

 

 

  • Estación meteorolóxica: para realizar as medicións contamos coa nosa estación meteorolóxica que está situada ao aire libre dentro dunha caseta e conta con distintos aparellos para facer a medición.

 

 

 

 

No 2013 o noso instituto recibiu o 1º Premio do Programa MeteoEscolas, e como agasallo recibimos a estación meteorolóxica automática e libros sobre meteoroloxía e climatoloxía para a nosa biblioteca.

 

O blog do proxecto é HidroMeteoMuxía. Este blog é editado e redactado pola profesora de Bioloxía e coordinadora do proxecto, Marga Tobío. 

bottom of page